Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1974 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1974

Luís Seoane (Destinatario/a) · Xesús Carro García (Mencionado/a) · Augusto María Casas Blanco (Mencionado/a) · Luís Falcini (Mencionado/a) · Evelina Hervella Nieto (Mencionado/a) · Urbano Lugrís González (Mencionado/a) · Simón Scheimberg (Mencionado/a) · Maruxa Seoane (Mencionado/a) · José Suárez (Mencionado/a) · Alberto Vilanova Rodríguez (Mencionado/a) · Francisco Fernández del Riego (Remitente)
22/01/1974
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
EDITORIAL GALAXIA, S.A./ Reconquista, 1/Teléfono, 18204/ VIGO
22-xaneiro-1974
Sr. D. Luís Seoane
Vigo
Meu querido amigo:
Acabo de recibir as túas liñas do día 15 dos correntes, precisamente cando acababa de me despedir de Alberto Vilanova despóis de xantar xuntos.
Impresionóume moito a nova do pasamento de Falcini, e, sobre todo, do Dr. Scheimberg, a quen tanto estimaba.
Tamén por aquí as mortes sucédense. Finóuse, como saberás, Don Xesús Carro. Aos poucos días, Augusto Casas en Barcelona. Tamén morréu no Hospital de Vigo Urbano Lugrís. E nun Hotel da Guardia, onde pasaba as Navidades, José Suárez.
Como ves, os vellos amigos vanse indo. A desaparición de algúns deles producíume verdadeira anguria.
O núm. 40 de Grial mandóuseche a Buenos Aires cando se publicóu, como puiden comprobar pola relación de envíos de Galaxia. Conócese que se extravióu. De todos os xeitos, ontes remesámosche un novo exemplar. Non sei que pasa cos correos. Como agora a maioría dos barcos non tocan no porto de Vigo, os retrasos que se producen son moi grandes.
Garimosos saúdos a Maruxa, de Evely pra os dous e pra tí a forte aperta de sempre de
Fdez del Riego
Tipo de material
epístola
Data
22/01/1974
Medidas
Publicacións
Entidades
Mención: Editorial Galaxia
Localizacións
orixe: Nova York
orixe: Reconquista, 1
destino: Bos Aires
Ficha descritiva
[Carta mecanografada con firma autógrafa e o membrete:]