Carta de Seoane a Fernández del Riego. 1975 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Seoane a Fernández del Riego. 1975

Francisco Fernández del Riego (Destinatario/a) · Mimi Alonso da Cuña (Mencionado/a) · Castelao (Mencionado/a) · Evelina Hervella Nieto (Mencionado/a) · Xohán Ledo (Mencionado/a) · Ramón Piñeiro López (Mencionado/a) · Luís Seoane (Remitente)
00/00/1975
ca. 1975
Sr. D. Fco Fdez del Riego
Vigo

Meu querido amigo:
Remítoche o dibuxo que me pediu Piñeiro para o número de Grial adicado a Castelao. Espero que vos goste. Estou traballando arreo, pois unha exposición en Madrid o 29 de Abril e teño que facela, pois non teño obra eiquí. Gostaríanos moitos vervos a Xohan Ledo e Mimi e a ti e Evelina. Mais adiante cando teña moito adiantado iremos por esa. Non trouxen o segundo tomo de Comunicacións mesturadas porque… ¿para que? Farei eiquí un album de caracolas e ramallos e algún dibuxo máis.
Unha aperta de Maruxa e miña pra todos vos:
Seoane
Tipo de material
epístola
Data
00/00/1975
Publicacións
Localizacións
orixe: Bos Aires
destino: Vigo
Ficha descritiva
[Carta manuscrita]