Carta de Seoane a Fernández del Riego. 1976 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Seoane a Fernández del Riego. 1976

Francisco Fernández del Riego (Destinatario/a) · Inés Canosa (Mencionado/a) · Marino Dónega (Mencionado/a) · Domingo García-Sabell (Mencionado/a) · Evelina Hervella Nieto (Mencionado/a) · Xohán Ledo (Mencionado/a) · Ramón Piñeiro López (Mencionado/a) · Maruxa Seoane (Mencionado/a) · Luís Seoane (Remitente)
12/01/1976
Buenos Aires, 12 de Xaneiro de 1976
Sr. D. Francisco F. Del Riego
Vigo

Querido Del Riego:
Catro letras de saúdo dende Buenos Aires e pra che decir que quedamos moi contentos de haber estado na casa de Domingo no teu homaxe. É un dos mais xustos de cantos se fixeron en Galicia. Algún día farase outro popular; mais este, recollido, íntimo, con quince ou vinte amigos reunidos arredor teu foi dunha grande beleza, enmais da sua emotividade. De certo xeito o homaxe foi a espresión de como terá de xusgarte a Galicia futura. Tiña que decir esto.
Aparte, ¿recibiches a carpeta de grabados miña, Insectario?. Deixeille o encárrego a Inés, en “Sargadelos” de Madrid. Si non a mandou, reclámalla. Deixeinas firmadas pra tí, Xohan Ledo, Domingo, Piñeiro e Dónega, etc.
Recibide Evelina e tí o forte abrazo de Maruja e meu e o noso desexo de un bo 76:
Seoane
Tipo de material
epístola
Data
12/01/1976
Localizacións
orixe: Bos Aires
destino: Vigo
Ficha descritiva
[Carta mecanografada con firma autógrafa]