Carta de Piñeiro a Seoane. 1959 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Piñeiro a Seoane. 1959

Luís Seoane (Destinatario/a) · Rafael Alberti (Mencionado/a) · Juan Antonio Bardem (Mencionado/a) · Francisco Fernández del Riego (Mencionado/a) · Domingo García-Sabell (Mencionado/a) · Ricardo Muñoz Suay (Mencionado/a) · Ramón María, del Valle-Inclán (Mencionado/a) · Ramón Piñeiro López (Remitente)
04/05/1959
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
Compostela, 4-V-59

Sr. D. Luis Seoane
B. Aires

Meu querido Seoane

Recibín, hai tempo, o teu fermoso álbum Doce cabezas. Gostei moito dil. Millor dito: gosto dil moitas veces, pois cada vez que o amostro a algún amigo, teño ocasión de gozar de novo na súa contemplación. ¡Canto me alegraría de poder corresponder de algún xeito ós teus valiosos e xenerosos envíos! Naturalmente, quixera corresponder con algo persoal que poidese merecer o teu agrado. Confío en que poderei facelo.
Nistes días andan por eiquí os meus amigos Bardem e Muñoz Suay (contra o que algúns pensen, eu teño moi bos amigos no campo «progresista»), pois viñeron a filmar unha película basada nas Sonatas de Valle Inclán (na de Estío e máis na de Otoño). Ceamos xuntos algunha vez. Falamos de tí, pois Muñoz tiña recibido La Soldadera, enviada por Alberti, que é vello amigo seu.
Por Paco e máis por Domingo vou sabendo dos teus trunfos e proieitos. Tamén, moitas veces, por amigos de ahí que veñen ou pasan por eiquí. Por outra banda, a continua espansión da túa ademirabel forza de creación vai consolidando e universalizando a presencia da túa persoalidade espritoal. Esto é evidente. I eu sinto unha íntima e fonda ledicia ó comprobalo.
Unha aperta moi forte i a devota ademiración de

Ramón Piñeiro
Tipo de material
epístola
Data
04/05/1959
Medidas
Localizacións
orixe: Santiago de Compostela
destino: Bos Aires
Ficha descritiva
[Carta manuscrita]
Localización física
Fundación Luis Seoane