Carta de Piñeiro a Seoane. 1963 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Piñeiro a Seoane. 1963

Luís Seoane (Destinatario/a) · Eduardo Blanco Amor (Mencionado/a) · Ricardo Carballo Calero (Mencionado/a) · Rafael Dieste (Mencionado/a) · Celestino Fernández de la Vega (Mencionado/a) · Domingo García-Sabell (Mencionado/a) · Maruxa Seoane (Mencionado/a) · Ramón Piñeiro López (Remitente)
00/01/1963
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF

Compostela, xaneiro de 1963

Querido Luis:

Recibín o teu catálogo. Según teño entendido, vas trasladarte a Suiza. En realidade, eu coidaba que ibas vir pra eiquí, porque eso foi o que me dixo Dieste nunha ocasión. De calquera xeito, estando en Suiza será máis doado que veñas dar unha volta en calquera momento.
Xa verías, coido, a reedición que fixemos de Dos Arquivos do Trasno. A Dieste hai tempo que nono vexo.
Temos na imprenta un denso libro de ensaios de Domingo. Tamén enviamos á Censura un espléndido libro de Celestino F. de la Vega sobre o Humor. E deben de estar a punto de sair un libro de contos de Blanco Amor e máis o primeiro tomo da Historia da Literatura Galega de Carballo Calero. Como ves, vaise traballando.
Que iste novo ano vos traia moitas venturanzas e trunfos en Europa, posto que o pasaredes nela.
Moitos saúdos nosos a Maruxa. Pra tí, unha forte e cordial aperta do teu amigo.

Ramón
Tipo de material
epístola
Data
00/01/1963
Medidas
Localizacións
orixe: Santiago de Compostela
destino: Bos Aires
Ficha descritiva
[Carta manuscrita]
Localización física
Fundación Luis Seoane