Carta de Piñeiro a Seoane. 1971 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Piñeiro a Seoane. 1971

Luís Seoane (Destinatario/a) · Rafael Dieste (Mencionado/a) · Francisco Fernández del Riego (Mencionado/a) · Domingo García-Sabell (Mencionado/a) · Xohán Ledo (Mencionado/a) · Xulio Maside (Mencionado/a) · Fermín Penzol (Mencionado/a) · Ramón Piñeiro López (Remitente)
12/10/1971
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF

Compostela, 12-X-71

Benquerido Luis:

Xa che falóu o Domingo do homenaxe que lle queremos facer ao Fermín Penzol, no que percuramos cadrar ben o seu gusto pola bibliofilia coa sua inclinación a eludir a publicidade e a espectacularidade. Por eso, matinamos nun libro ben editado, de tirada moi reducida e non venal, que veña ser como un amistoso homenaxe íntimo. Non se trata, craro está, de incluír no tomo a todos os amigos do Penzol, que son demasiados para este fin. Tomamos por base cinco entidades culturais que o homenaxeado quere e admira moi sinceramente: Galaxia, a Fundación Penzol, o Museo Carlos Maside, o Laboratorio de Formas de Galicia e mais a Academia. O conxunto dos colaboracións recollerá a presencia destas entidades, a través das persoas que sabemos son motivo de alegría para o Penzol. Por eso, pensamos no teu nome, no de Isaac e mais no de Dieste, por séredes persoas que el admira e estima.
Pedinlle a Paco, para cho poder enviar, o tamaño do libro. Paco tratouno co Ricardo e hoxe mandáromo. Ahí che vai. Si posible for, gustaríanos ter arrecadados os orixináis para o cabo deste mes, entre eles as vosas colaboracións artísticas e máis as duas holandesas de prosa diesteana. Estou seguro de que xa che acraróu Domingo que estas duas holandesas son para refrexar a imaxe que o autor ten do Penzol ou ben para facer as consideracións que coide oportunas encol da sua personalidade.
Como che dixen, despois da nosa conversa o día da inauguración da exposición Picasso-Miró falei longamente co Xulio Maside. Comentei con el a necesidade de que no Museo Carlos Maside estea presente o máis representativo da sua obra, e mostrouse de acordo en que así tiña que ser. Penso que, antes de que tí marches, sería ben deixar resolto este asunto.
Apertas nosas para os dous.

Ramón
Tipo de material
epístola
Data
12/10/1971
Medidas
Entidades
Mención: Real Academia Galega
Mención: Editorial Galaxia
Mención: Museo Carlos Maside
Localizacións
orixe: Santiago de Compostela
destino: Bos Aires
Ficha descritiva
[Carta manuscrita]
Localización física
Fundación Luis Seoane