Carta de Piñeiro a Seoane. Sen data | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Piñeiro a Seoane. Sen data

Luís Seoane (Destinatario/a) · Manuel Colmeiro (Mencionado/a) · Laxeiro (Mencionado/a) · Saturno Lois Piñeiro (Mencionado/a) · Fermín Penzol (Mencionado/a) · Lorenzo Varela Vázquez (Mencionado/a) · Ramón Piñeiro López (Remitente)
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
Querido Luis: [s/d]

Figúrome que xa che terán enviado estas decraracións aparecidas en La Voz de Galicia. De todolos xeitos, por si non chas mandaron, ahí che van. Polo de agora, non vin que tiveran eco.
Están compoñendo o libro de homenaxe ao Penzol. Cando o teñamos listo, xa cho mandaremos. O Colmeiro fixo un dibuxo, e tamén o Laxeiro.

Apertas nosas para os dous.

Ramón
Cando vexas ao Lorenzo Varela dille que estes dias estuvo eiquí en Santiago o lugués Saturno Lois para operarse da próstata. Pasei algunhas tardes con el e lembrámonos moito do “Argentino”, que así lle chamabamos en Lugo ao Varela. Dalle saúdos.
Tipo de material
epístola
Medidas
Publicacións
Localizacións
orixe: Santiago de Compostela
destino: Bos Aires
Etiquetas
Ficha descritiva
[Carta manuscrita]
Localización física
Fundación Luis Seoane