Carta de Piñeiro a Seoane. 1973 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Piñeiro a Seoane. 1973

Luís Seoane (Destinatario/a) · Rafael Dieste (Mencionado/a) · Celestino Fernández de la Vega (Mencionado/a) · Ramón Martínez López (Mencionado/a) · Antonio Pérez Prado (Mencionado/a) · Ramón Piñeiro López (Remitente)
02/06/1973
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF


Compostela, 2-VI-73
Querido Luis:

O outro día preguntáchesme o teléfono do Cilistro e eu nono lembraba de memoria. Hoxe mándocho por si precisas chamalo. É este: 21-16-85. Con Lugo aínda non se marca directamente.
Pola miña parte, tamén che quería pedir o enderezo do Antonio Pérez Pardo, pois teño que lle escribir decíndolle que recibín o seu libro.
O Ramón Martínez López quer preguntarche datos sobre a literatura galega no exilio, porque está encarregado de escribir un traballo sobre ise tema pra unha obra colectiva sobre a cultura española no exilio. A el encarregáronlle a parte galega por indicación de Dieste.
Apertas nosas pra os dous

Ramón
Tipo de material
epístola
Data
02/06/1973
Medidas
Localizacións
orixe: Santiago de Compostela
destino: Bos Aires
Etiquetas
Ficha descritiva
[Carta manuscrita]
Localización física
Fundación Luis Seoane