Carta de Seoane a García Sabell. 1960 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Seoane a García Sabell. 1960

Domingo García-Sabell (Destinatario/a) · Francisco Fernández del Riego (Mencionado/a) · Nuño Gonçalves (Mencionado/a) · Ramón Piñeiro López (Mencionado/a) · Maruxa Seoane (Mencionado/a) · Elena Tormo (Mencionado/a) · Francisco de Zurbarán (Mencionado/a) · Luís Seoane (Remitente)
19/02/1960
Basilea, 19 de Febrero de 1960

Sr. D.
Domingo García Sabell
Santiago de Compostela

Meu querido amigo:

Supoño terás recibido dende Lisboa os meus derradeiros libros, El Irlandés astrólogo e As Cicatrices. Alí estíven catro días de paso pra Suiza pra poder ver con vagar o políptico, que xa coñecía, de Nuño Gonçalves, e os doce apóstoles de Zurbarán, os dous grandes extremeños, ben xunguidos o segundo ao primeiro aínda que non se tivesen falado delo. E dende fai vinte días a nosa vida discurre entre Basilea a Zurich, preocupado pol-as exposiciós miñas que terán de facerse nesta primeira cibdade e Berna, e de museo en museo, que son, nestas duas cibdades, notábels.

Non escribín dende Buenos Aires por unha folga de correos que duróu un mes. E alá deixei pra enviar ao meu regreso unha grande carpeta de grabados en madeira, pra tí, Piñeiro e Del Riego, que pol-o seu peso, viña carregado de cadros, non poiden traguer conmigo. As miñas cousas van eiquí moi ben. Gosta moito a miña pintura y (sic) estou contento. Gostaríame saber de todos vos, ao millor é posíbel que nos vexamos. Teño verdadeiras ganas de que ísto fose posíbel. Mándame algunha noticia. Estaremos eiquí hasta fin de mes. Hoxe tamén escribo a Del Riego. Non sei ren de Galicia dende fai mais de dous meses.
Saúdos de Maruxa e meus pra Elena e pra tí, saúdos pros amigos comúns, e ti recibe unha aperta forte de:

Seoane.
Tipo de material
epístola
Data
19/02/1960
Localizacións
orixe: Basilea
destino: Santiago de Compostela
Etiquetas
Ficha descritiva
[Carta mecanografada]
Localización física
Fundación Luis Seoane