Carta de Francisco Fernández del Riego a Lois Tobío Fernández, 1952. | epistola | Consello da Cultura Galega
epistola

Carta de Francisco Fernández del Riego a Lois Tobío Fernández, 1952.

Lois Tobío Fernández (Destinatario/a) · Rosalía de Castro (Mencionado/a) · Francisco Fernández del Riego (Remitente)
11/11/1952
Vigo
11-nov.
1952
Sr. D. Luís Tobío
Montevideo

Meu querido amigo:
Imos a preparar un volume de ensaios sobre a saudade, semellante ô que lle adicamos a Rosalía, e que tí xa conoces. Queremos que tí nos fagas un traballo sobre o tema, dende o punto de vista que estimes comenente. A estensión, pol-o estilo da/dos que se prubricaron sobre Rosalía. Deberá estar escrito en galego, e firmado co teu nome, agás que prefiras o emprego de seudónimo. Quixéramos tel-o no noso poder antes de primeiros de ano, pra non demorar a edición do volume. Si por calquer motivo non puideses faguer o estudo, estimaríache que mo comunicases a volta de correo.
De todol-os xeitos, penso que non nos negarás iste favor que solicitamos de ti con grandes espranzas de que seña atendido. Quero invocarche pra ilo a nosa vella amistade, e a comunidade de aspiraciós que nos xunguen.
Mil gracias anticipadas, e a forte aperta de sempre, de

F. del R. [sinatura autógrafa]
Tipo de material
epistola
Data
11/11/1952
Localizacións
orixe: Vigo
destino: 26 de Marzo, n.º 1089
Ficha descritiva
[Carta manuscrita, con sinatura autógrafa e sen membrete].
Notas
Enderezo de destino tomado doutras cartas dese ano.