Lorenzo Varela con Valentín Paz-Andrade e Luís Seoane (de costas), reunidos na casa de Ramón Piñeiro, 1977 | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

Lorenzo Varela con Valentín Paz-Andrade e Luís Seoane (de costas), reunidos na casa de Ramón Piñeiro, 1977

Valentín Paz-Andrade (Fotografado/a) · Luís Seoane (Fotografado/a)
19/02/1977
Nesta reunión decidiuse a creación do Instituto Galego de Información (IGI). Lorenzo Varela e Luís Seoane, retornados a Galicia, desexaban crear un novo xornal galego e en galego, tal como aparece nos estatutos do IGI.
Foron moitas as actividades e traballos que se levaron a cabo no edificio de San Marcos: deseño de pezas de cerámica, realización e coordinación de exposicións, organización de congresos, traballos de investigación histórica, conservación de importantes fondos bibliográficos e documentais da nosa historia contemporánea e as tarefas editoriais de Ediciós do Castro. Os intelectuais galegos de alén mar traballando xuntos cos da Galicia do interior a prol da cultura do país.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Data
19/02/1977
Localizacións
orixe: Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Isaac Díaz Pardo