Carta de Seoane a Ledo. 1965 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Seoane a Ledo. 1965

Xohán Ledo (Destinatario/a) · Mimi Alonso da Cuña (Mencionado/a) · Francisco Fernández del Riego (Mencionado/a) · Domingo García-Sabell (Mencionado/a) · Laxeiro (Mencionado/a) · Maruxa Seoane (Mencionado/a) · Luís Seoane (Remitente)
10/07/1965
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF

Buenos Aires, 10 de Julio de 1965

Sr. D. Ricardo García Suárez
Vigo

Meu querido amigo:

Recibín, fai uns días a monografía de Galaxia, espléndida, agradézoche moito a tua intervención, gustoume moito a tapa e a diagramación tipográfica, pra min é a millor das que fixéchedes diste carácter. Gustoume tamén moito o texto de García Sabell. Escribinlle hoxe sobre esto a Del Riego. Penso que foi un acerto situar as reproduciós no centro do libro separando o texto galego do castelán, e gustoume tamén moito a distribución da tapa e os seus coores. A Del Riego tamén lle escribo sobor da última eisposición de Laxeiro. Moi ben, a millor, pra min, de cantas fixo eiquí. Está tendo gran éisito. Traballou moito nos últimos tempos e busca mais atinadamente novas formas e coores. Pola miña parte pinto e grabo. Enviareiche, tan pronto teña por quen, un dos novos grabados meus, un pouco difrentes aos anteriores.
De novo, agradézoche moito canto fixeches por min, e recibide Mimí e ti unha aperta de Maruja e miña. Escríbeme algunha vez que teñas folgar. Outra aperta de:
Tipo de material
epístola
Data
10/07/1965
Medidas
Entidades
Mención: Editorial Galaxia
Localizacións
orixe: Bos Aires
destino: Vigo
Etiquetas
Ficha descritiva
[Carta mecanografada]
Localización física
Fundación Luis Seoane