Carta de Seoane a Ledo. 1976 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Seoane a Ledo. 1976

Xohán Ledo (Destinatario/a) · Mimi Alonso da Cuña (Mencionado/a) · Inés Canosa (Mencionado/a) · Isaac Díaz Pardo (Mencionado/a) · Francisco Fernández del Riego (Mencionado/a) · Maruxa Seoane (Mencionado/a) · Luís Seoane (Remitente)
12/01/1976
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF

Buenos Aires, 12 de Xaneiro de 1976

Sr. D. Ricardo García Suárez
Vigo

Meu querido amigo:

Duas verbas pra che decir que estou moi agradecido polas tuas atencións. Pola espléndida monografía do libriño da Coruña e pola tua adicatoria do teu album, unha das obras máis singulares que se fixeron en Galicia, a que terá de se engadir ao meu regreso, os dibuxos espléndidos que me deixaches a noite do homenaxe a Del Riego e que foi lástima non tivesen sido incluídos no teu álbum. Non teño noticias de Isaac, ¿fíxose a presentación dél?. Cecais o formato houbese podido ser un pouco mais maior. Nono sei. Supoño terás recibido o album meu publicado en Madrid, Insectario. Deixeille o encárrego, o mesmo que o envío de outros exemprares, a Inés Canosa que está a cárrego de “Sargadelos” de Madrid.
Eu repítoche o meu agradecimento. Unha aperta grande de Maruxa e miña pra tí, Mimí e os teus. Envexámosvos o inverno de Galicia.
Tipo de material
epístola
Data
12/01/1976
Medidas
Localizacións
orixe: Bos Aires
destino: Vigo
Ficha descritiva
[Carta mecanografada con firma autógrafa]
Localización física
Fundación Luis Seoane