A vía galega ao fonógrafo

A vía galega ao fonógrafo

O Arquivo Sonoro de Galicia, da man do especialista en gravacións históricas Carlos Martín Ballester ten a honra de presentar catro gravacións procedentes de cilindros fonográficos que enriquecen o acervo do patrimonio sonoro de Galicia.

A peza Alborada polo Gaiteiro de Valdeorras, datada entre 1897 e 1900, sería unha das primeiras gravacións galegas conservadas, e tamén o primeiro rexistro sonoro dun gaiteiro do país. A Muiñeira datada ao redor do ano 1900, é a primeira peza coñecida cantada en galego por unha muller, que ademais era soprano profesional.

Ademais, ofrécense outras dúas pezas relacionadas con Galicia e interpretadas polo cantante Antonio Pozo "El Mochuelo", Tango del Ferrol, gravado en Cádiz entre 1898 e 1901, e Tangos-Farruca, de 1900-1903, que tamén fai referencia a Galicia nas súas letras.





As gravacións