Centenario de Manuel Murguía

Centenario de Manuel Murguía

Nas ás do canto


Música e identidade no Rexurdimento

Alborada galega

Centenario de Manuel Murguía

Arriba que a Aurora
Comenza á pintar
Á luz que namora
Na terra e no mar.

Letra

Arriba que a Aurora
Comenza á pintar
Á luz que namora
Na terra e no mar.

Deixáde os leitiños,
Meniñas, deixá,
Qu’os vosos olliños
Dan mais craridá.

[Como ese sol q’alumea
Tan galán e spellador,]
Vinde vos, soles d’aldea,
Avivar o noso amor,

Que si con lumes e frores
Sabe Aurora rebuldar, ah!
[Vosos candidos amores]
Saben millor feitizar

Vinde, fillas d’alborada,
Vinde a ver nacer o sol,
C’os labiños de granada
Que dan celos ó arrebol.

E ô remanso d’os airiños,
D’a fontiña o gorgullar,
Bailaremos en remuiños
de duzoso sospirar.

[Ala ven xa, raparigos]
Meu amor, miña ilusion, ah!
[Cochando entre brancos prigos]
Meu querido corazón.

No hai Aurora como éla
Nin mais fresco carabel…
Miña rula! miña estrela!
Morrerei por serche fiel!

Non ves, miña prenda,
Aquel sol n’ourente
Seu lume crecente
É neve pra min.

Ven ti ôs meus brazos
O mundo olvidemos
E amantes seremos
D’a vida hastr’o fin.

La, la, la…




Letra: A estrela coruñesa de Francisco María de la Iglesia. Música: Pascual Veiga



Voz: Anna Mélikhova
Piano: Martín Chaves Fraga
Gravación: Pablo Barreiro


Os textos reproducidos só unificaron, conforme á actual normativa da RAG, os pares b/v e i/y. En canto á acentuación respectouse a orixinal tendo en conta a musicalidade