Centenario de Manuel Murguía

Centenario de Manuel Murguía

Nas ás do canto


Música e identidade no Rexurdimento

Os pinos

Centenario de Manuel Murguía

Que din os rumorosos
Na costa verdecente,
Ó raio trasparente
Do prácido luar…?

Letra

Que din os rumorosos
Na costa verdecente,
Ó raio trasparente
Do prácido luar…?
Que din as altas copas
D’escuro arume arpado
Co seu ben compasado,
Monótono fungar…?

-Do teu verdor cingido,
E de benignos astros,
Confín dos verdes castros,
E valeroso clán,
Non dés a esquecemento,
Da injuria o rudo encono;
Desperta do teu sono,
Fogar de Breogán.

Os boos e generosos,
A nosa voz entenden:
E con arroubo atenden
O noso rouco son;
Mas, sós os ignorantes,
e férridos e duros,
Imbéciles e escuros,
No-nos entenden, non.

Os tempos son chegados,
Dos bardos das edades,
Q’as vosas vaguedades,
Cumprido fin terán;
Pois donde quer, gigante,
A nosa voz pregóa
A redenzón da bóa
Nazón de Breogán.”





Letra: Eduardo Pondal. Música: Pascual Veiga.
Estrofas iniciais do texto orixinal de Eduardo Pondal publicado na Coruña o 22 de maio de 1890 nas bases do Concurso para a composición da “Marcha Regional Gallega”.



Voz: Anna Mélikhova
Piano: Martín Chaves Fraga
Gravación: Pablo Barreiro


Os textos reproducidos só unificaron, conforme á actual normativa da RAG, os pares b/v e i/y. En canto á acentuación respectouse a orixinal tendo en conta a musicalidade