s/t
Autoría: Alicia Fernández
Recitador/a: Alicia Fernández
Do parto, fillos, contarei tan só a animalidade. Este corpo coma un catro: as uñas nas baldosas, a columna curva, a sostervos, igual ca unha cana de pescar, ben aberta a boca e os ollos á espreita. Falareivos dos berros, as coxas purpúreas, o cordón umbilical a latexar; do xeito en que me dividín para collervos, esvaradíos, aínda medio peixes. Non atenderedes á dor porque só haberá desexo no relato: noite clara, leite a pingar e eu, paríndovos, tan salvaxe, tan tranquila.
Parín sen dor
Autoría: Xela Arias
Recitador/a: Alicia Fernández
Parín sen dor e con pracer. Estou pa rindo todo instante que penetro ou me penetra. Solpor, máquinas, liortas, bicos, días, trasnos... Parir, aprendo linguas. De Intempériome




