(s/t)
Autoría: Oriana Méndez
Recitador/a: Oriana Méndez
Dos cometas, colle o fío de ouro que te zurce aos soños do mundo e aos seus cans que te cose a ti ao son da tebra exterior tecendo un novo ritual das amigas que sodes estrela no ceo e estrela sobre a terra: vida de furia extensamente tan negra Cólleo como exilio e árdete Coa forza dunha hedra de luz ou co ímpeto das augas sobre as augas capaces de percorrer vieiros e lendas de Vigo para se fundar océano Pódelos ver? Van contigo os cabalos da noite os da artemisa nas crinas os do teu soño na area inacabado Van Descenderon o monte atravesaron por dentro a serra e víronte por dentro nos seus confidenciais túneles Estabas, eras, vencendo as palabras Agora xa vos temos aquí e tamén por fóra lonxe do tempo e da súa dor máis alá desta ría de rosas E da súa dor Árdete Floreceraste sempre Orquídea Libre
s/t
Autoría: Xela Arias
Recitador/a: Oriana Méndez
Vai furia nos cabalos dos cometas Vencer É un trago que agoiramos amantes nas imaxes Espereitante e visto As ondas mar que veñen Fío e gargallada informe Vencer ¿terei medo? Terei soños e orquídeas da Etiopía no tempo Artemisas nas ruínas do cancro Vencer Vence-la palabra O feito Muda-lo senso ritual das estrelas Vagando vieiros e Lendas e Follas verdes nos carballos pais e Mares e terras e Aires e Desfiañarse na area De Faro de Vigo (24/06/1983)




