Voces centenarias

Voces centenarias

Celso Emilio Ferreiro

Voces centenarias

O galeguismo do compromiso social

Celso Emilio no Álbum de GaliciaCelso Emilio Ferreiro goza dun papel sobresaínte no nacionalismo galego, tanto político coma cultural. Por un lado, destaca a súa contribución á fundación de distintas organizacións políticas (Mocedades Galeguistas, Unión do Povo Galego, PSG…). Por outro, a súa obra poética, que arraiga na herdanza literaria social de Curros Enríquez, e a súa intensa actividade xornalística son empregadas como eficaces medios de denuncia política. O poeta celanovés é sinónimo de galeguismo e de xustiza social no imaxinario colectivo dunha ampla parte da poboación galega dos anos da Transición.






Un percorrido vital e poético




En maio de 1979, Celso Emilio Ferreiro concédelle unha entrevista a Beatriz Pécker, na sede de RNE en Madrid, na que fai un percorrido vital e, sobre todo, poético: o emprego das linguas castelá e galega na súa obra, a pegada do exilio, a súa poesía social… O documento sonoro non está completo pero dá cumprida imaxe do espazo literario do escritor de Celanova.

Duración: 47'31''
Sinatura: NCFE-0155.
Fondo:Colección Afundación. Arquivo Sonoro de Galicia. CCG






Unha mensaxe desde Caracas




Durante a súa estadía en Caracas (1966-1973), motivada pola súa activa militancia política e cultural nacionalista en Galicia que o impulsa cara ao exilio voluntario, Celso Emilio Ferreiro manda esta emotiva mensaxe gravada na que reivindica a lingua galega e cualifica os galegos como etnia sociocultural diferenciada. Descoñécese a data de emisión.

Duración: 01'34''
Sinatura: VI00048_01, _02
Fondo: Fondo RNE. Arquivo Sonoro de Galicia. CCG.






América e o desengano da emigración




No ano 1996, o Arquivo Sonoro de Galicia publica Celso Emilio Ferreiro. Escolma de entrevistas realizadas por Xosé Antonio Perozo e María Xosé Porteiro. Ofrécese agora o capítulo titulado “América e o desengano da emigración”, rexistrado en 1978-1979. O poeta celanovés detalla, con certa amargura, as súas responsabilidades na Hermandad Gallega de Venezuela ou no Padroado da Cultura Galega e como as súas actividades nacionalistas non son comprendidas pola comunidade galega emigrada.

Duración: 12'24''
Sinatura: As Nosas Voces, nº 11
Fondo: Col. Mª Xosé Porteiro-X. A. Perozo. Arquivo Sonoro de Galicia. CCG.