Audios
Viaxamos á outra Galicia americana, Arxentina e Uruguai. Conmovémonos con Suárez Picallo, o Centro Galego de Bos Aires explicado por Ramón Suárez, o "Muxo", Castelao, ou en Radio Buenos Aires o programa Recordando a Galicia e Maruxa Boga, explicado por María Xosé Porteiro. Adentrámonos nos lazos artísticos a través da obra de Asorey e Luís Seoane. Unha serie de Gabri Fuentes e David Gesteira coordinada por Manuel Gago. Ilustracións de Andrea López.
0:00 / 0:00
A relación de Galicia co Mediterráneo, Asia e Oceanía. Unha viaxe con figuras como Exeria e Martiño de Dumio. Falamos co arqueólogo José Carlos Sánchez Pardo, a Casa da Especiaría ou a Biblia Kennicott e os xudeus de Galicia con María Gloria de Antonio Rubio. Unha serie de Gabri Fuentes e David Gesteira coordinada por Manuel Gago. Ilustracións de Andrea López.
0:00 / 0:00
A relación de Galicia con Francia, Alemaña, Suíza e Centro Europa. Unha viaxe con figuras como Orosio ou Sofía Casanova ou Emilio Grandío para falarnos da Segunda Guerra Mundial. Unha serie de Gabri Fuentes e David Gesteira coordinada por Manuel Gago. Ilustracións de Andrea López.
0:00 / 0:00
O noso primeiro episodio atravesa o mar para coñecer as relacións de cultura coas illas do Atlántico. Acompañamos a Plácido Castro ás illas Blasket, o levantamento de Pascua en Dublín, o celtismo, Álvaro Cunqueiro, Xurxo Ayán ou a emigración dos anos 60 ao Reino Unido. Unha serie de Gabri Fuentes e David Gesteira coordinada por Manuel Gago. Ilustracións de Andrea López.
0:00 / 0:00
Atravesamos ao mar en dirección a América. Co historiador Xosé Manuel Núñez Seixas, aprendemos como funcionaban as redes de emigrantes en América, o nacemento dos símbolos galegos en Cuba, coñecemos a Asociación Fillas de Galicia con María Xosé Porteiro, o exilio galego en México, e figuras como Osorio Tafall ou Bal ou Manuel Quiroga. Unha serie de Gabri Fuentes e David Gesteira coordinada por Manuel Gago. Ilustracións de Andrea López.
0:00 / 0:00
Madrid é case unha cidade galega, e o destino frecuente non só para emigrantes, senón para individuos con talento. Que nos une con Madrid? Que pegada deixamos os galegos en Madrid? Percorremos as vidas do padre Sarmiento, Concepción Arenal, Julio Camba ou Valle Inclán. Unha serie de Gabri Fuentes e David Gesteira coordinada por Manuel Gago. Ilustracións de Andrea López.
0:00 / 0:00
Adentrámonos na cultura do país veciño a partir de figuras como Inés de Castro, o conflito da Guerra da Restauración con Rebeca Blanco-Rotea, a emigración dos galegos a Portugal con Domingo González Lopo, Valentín Paz Andrade, os cambios lingüísticos na fronteira con Rosario Álvarez e rematamos coa cantante Uxía e as súas influencias na música portuguesa. Unha serie de Gabri Fuentes e David Gesteira coordinada por Manuel Gago. Ilustracións de Andrea López.
0:00 / 0:00


