Movido pola necesidade de unir culturalmente as dúas Galicias que andaban esgazadas mundo adiante, Valentín Paz-Andrade escribiu en 1955, na cidade de Bogotá, un poemario inédito ata este ano, Canto do pobo disperso (Consello da Cultura Galega, 2012), e, con análoga intención, este é tamén o estilo que prima no Pranto matricial, rematado de escribir en 1954 e concibido na honra de Castelao que representaba a mellor converxencia que houbese nunca da Galicia «ideal» e da «territorial» ou europea.
Na viaxe de Paz-Andrade a Bos Aires en 1957, decisiva por máis dunha razón, este fixo un recitado dos versos de Pranto Matricial, que foron oportunamente gravados e que, felizmente, podemos gozar agora de novo nesta edición de texto e palabra.
Na viaxe de Paz-Andrade a Bos Aires en 1957, decisiva por máis dunha razón, este fixo un recitado dos versos de Pranto Matricial, que foron oportunamente gravados e que, felizmente, podemos gozar agora de novo nesta edición de texto e palabra.
| Título | Pranto matricial na voz do seu autor |
| Autoría |
Valentín Paz-Andrade |
| Presentación |
Ramón Villares |
| Estudo introdutorio |
Afonso Vázquez-Monxardín |
| Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia, 2012 |
| Edición | 1ª edición |
| Descrición física | 1 disco (CD-DA) ; 12 cm. + 1 v. (103 p.). |
| Notas | Acompañado de: Pranto matricial [Texto impreso] : na voz do seu autor / Valentín Paz-Andrade ; [presentación, Ramón Villares ; estudo introdutorio, Afonso Vázquez Monxardín]. Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega, D.L. 2012. [103] p. ISBN 978-84-92923-37-3.Reprodución facsímile de: Pranto matricial. Buenos Aires : Ediciones Galicia del Centro Gallego de Buenos Aires, 1955.A ed. facsimile inclúe a versión castelán de María de Villarino, e debuxos de [Manuel] Colmeiro, [Carlos] Maside, [Arturo] Souto e [Manuel] Torres |
| ISBN | 978-84-92923-37-3 |
| Depósito Legal | C 918-2012 |
| CCG. Signatura | CCG 2012 423 |
| Url externa | Catálogo RBG |
| Colección | As nosas voces; Núm:23 |
| Materias | |
| Áreas | |
| Código QR |
|
| # | Pista |
|---|---|
| 1 |












