Montes, territorio e paisaxe

Xornada. Montes

Montes, territorio e paisaxe

27 e 28 de setembro de 2018
Santiago de Compostela
Xornada
Montes

Montes, territorio e paisaxe

27 e 28 de setembro de 2018 Santiago de Compostela

A  organización do territorio constitúe un dos factores da identidade galega, como teñen sinalado diversos estudosos e intelectuais, e de modo particular os membros da Xeración Nós, comezando por Ramón Otero Pedrayo, para quen a paisaxe está formada non só pola aparencia que na superficie adoptan os feitos xeográficos, senón tamén polas estruturas  comunitarias e por valores de tipo espiritual e cultural que as persoas senten como algo propio, un patrimonio que dá sentido ás súas vidas e que lles serve para entender “a xeografía afectiva” das familias que se sucederon en aldeas e parroquias.


E desas estruturas comunitarias formaban parte os montes, unha parte substancial do espazo galego, xestionados ao longo do tempo de modo colectivo e, sen dúbida, eficiente, pois doutro xeito non se conservarían durante séculos. A integración do monte na pequena explotación labrega é un feito ben coñecido e tamén o son os cambios que se produciron nas últimas décadas, coa desaparición dos campesiños, e os novos modos de aproveitamento das terras, así como o despoboamento e abandono de labranzas e montes. A estes procesos, que teñen resultados moi diferentes no territorio, engádense os novos valores patrimoniais que adquire a paisaxe (recollidos parcialmente na nova Lei do Patrimonio Cultural de Galicia), a necesidade da súa protección e a crecente capacidade dos diversos poderes públicos de intervir na ordenación do territorio mediante plans de alcance diverso, construción de infraestruturas e medidas lexislativas que afectan aos usos dos diferentes espazos. Estas xornadas están orientadas precisamente ao estudo e debate do protagonismo que están acadando os montes como soporte dun patrimonio variado e como peza fundamental na ordenación do territorio, e completan en certo modo as realizadas hai agora un ano, nas que os montes se analizaron máis ben desde unha perspectiva histórica.

ASISTENCIA

INSCRICIÓN
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Entregarase diploma acreditativo de asistencia ás xornadas.
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75 % das sesións.

LUGAR

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

MAÍS INFORMACIÓN

MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal/mediateca

Programa
Prensa
Temáticas
Ficha técnica 
Xornada.
Montes
Montes, territorio e paisaxe
Cando
27 e 28 de setembro de 2018
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Coordinación
Pegerto Saavedra Fernández
Iago Seara Morales
Inauguración
Rosario Álvarez
Relator/a
Rebeca Blanco-Rotea
Eduardo Corbelle Rico
Felipe Criado Boado
María Dolores Domínguez García
Vanessa Fernández
Santiago Hernández Fernández
Carlos Lefler
José Manuel López Andión
Edelmiro López Iglesias
Federico López Silvestre
Antonio Martínez Cortizas
Carlos Nárdiz Ortiz
Teresa Nieto Freire
Augusto Pérez Alberti
Iago Seara Morales
Organiza
Sección de Patrimonio e Bens Culturais (CCG)
Colabora
Proxecto HAR2014-52667-R.