Especial - Aquí medra a lingua. Serie audiovisual. Do 21 de marzo o 24 de abril de 2022

Aquí medra a lingua

Especial

Aquí medra a lingua

Proxecto Audiovisual

Serie audiovisual. Do 21 de marzo o 24 de abril de 2022
Burela
Especial

Aquí medra a lingua

Proxecto Audiovisual

Burela

DOCUMENTAL ÍNTEGRO

O Consello da Cultura Galega presenta o luns 21 de marzo Aquí medra a lingua, un proxecto documental que relata como seis centros educativos de Galicia desenvolven iniciativas e métodos para poñer en valor e promover o uso da lingua galega. Os centros, de ámbitos xeográficos e contextos lingüísticos diferentes, comparten as súas experiencias para facilitar o intercambio e a aprendizaxe colectiva.

A presentación terá lugar no IES Perdouro de Burela un dos espazos escollidos para amosar o seu modelo lingüístico, no marco dunha xornada na que participa o alumnado do centro. Estarán presentes Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), María José Pardiñas, a directora do centro; Natalia Irimia, xefa de normalización lingüística do IES e un dos alumnos participantes no proxecto, que explicarán as características do proxecto audiovisual así como as claves do modelo lingüístico deste centro.



É unha iniciativa da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do CCG co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Dirección e montaxe: Cristina de la Torre
Cámara: Pio Cribeiro
 
Especial
Aquí medra a lingua
Proxecto Audiovisual
Data de publicación
Serie audiovisual. Do 21 de marzo o 24 de abril de 2022
Onde
Burela
Lugar

Seis centros de diferentes contextos da xeografía galega

Participante
Cristina De la Torre
Natalia Irimia
Presenta
Rosario Álvarez Blanco
María José Pardiñas