A morte nos fisterras europeos: Bretaña e Galicia

Xornada. Galicia-Bretaña

A morte nos fisterras europeos: Bretaña e Galicia

25 e 26 de abril de 2023
Santiago de Compostela
Xornada
Galicia-Bretaña

A morte nos fisterras europeos: Bretaña e Galicia

25 e 26 de abril de 2023 Santiago de Compostela
Tanto en Bretaña como en Galicia, a relixiosidade e as crenzas ancestrais relacionadas coa morte ocupan un grande espazo na vida cotiá, non incompatible con que as dúas nacións tamén sexan coñecidas como lugares onde arraigou fondamente a confesión católica. Non é este o único factor de coincidencia polo que estes dous fisterras adoitan asociarse, comparando as súas sociedades e, en particular, o seu patrimonio cultural.

A relación coa morte pode fornecer indicios pertinentes para comprender a especificidade relixiosa destes dous países onde persisten crenzas e tradicións que contribúen ás súas respectivas particularidades, ao tempo que mudanzas sociais e culturais —moi aceleradas no século XX e neste primeiro cuartel do século XXI— están a producir novas formas de relación coa morte e unha transformación dos rituais.

A partir de enfoques diferentes, capaces de suscitar olladas comparadas, este terceiro encontro Bretaña/Galicia pretende mostrar a convivencia entre crenzas ancestrais e relixión, por unha parte, e a adaptación moderna aos novos rituais que, de feito, deben considerar o abandono da práctica relixiosa tradicional, pola outra; e asemade ponderar o peso que seguen a ter a morte e a relixiosidade nas nosas sociedades no século XXI. No programa ocupan un lugar especial a visión da morte en diversas actividades artísticas contemporáneas e o tratamento dos «mortos incómodos», así como o de grandes traxedias do noso tempo e a transformación na concepción do cemiterio.

A xornada forma parte dun diálogo entre estes dous fisterras europeos, marcados por moitas semellanzas xeográficas e culturais, iniciado en Santiago de Compostela en 2017 e sostido, con sede alternante, pola Université Rennes 2, da banda bretoa, e polo Consello da Cultura Galega, destoutra beira. Concibido inicialmente para pór en relación investigadores dos dous países, está aberto a todo tipo de públicos interesados.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado.
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Xornada.
Galicia-Bretaña
A morte nos fisterras europeos: Bretaña e Galicia
Cando
25 e 26 de abril de 2023
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Presenta
Rebeca Blanco-Rotea
Christine Rivalan Guégo
Ramón Villares
Relator/a
Narciso de Gabriel
Marcial Gondar Portasany
Eva Guillorel
Xosé Mª Lema Suárez
Beli Martínez
Antonio Míguez Macho
Laura Muñoz-Encinar
César Portela
Rafael Quintía Pereira
Bernard Rio
Christine Rivalan Guégo
Catherine Sablonnière
Cristina Sánchez-Carretero
Dolores Vilavedra
Organiza
Consello da Cultura Galega
Université Rennes 2

Imaxe da portada: Ilustracións incluídas en As cruces de pedra na Galiza, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Editorial Nós, Bos Aires, 1949