Este pandeiro que toco. O patrimonio de percusión nas mans das mulleres galegas

Xornada.

Este pandeiro que toco. O patrimonio de percusión nas mans das mulleres galegas

Sábado, 1 de xullo de 2023
A Coruña
Xornada

Este pandeiro que toco. O patrimonio de percusión nas mans das mulleres galegas

Sábado, 1 de xullo de 2023 A Coruña
Esta xornada pretende pór en valor o canto acompañado con percusión de man, unha forma de literatura/música de transmisión oral historicamente protagonizada por mulleres no territorio galego. A través de material audiovisual, charlas, obradoiros e un concerto didáctico, exploraremos aspectos históricos e actuais desta arte.

Carme López situará o tema dentro do marco do patrimonio inmaterial galego e Rosalía Portos presentará o seu Cancioneiro ilustrado de Liñares. Contaremos tamén con dous obradoiros para mergullarnos nestas prácticas: un sobre o pandeiro cadrado, impartido por Xulia Feixoo, e outro enfocado na pandeira, con Carolina Vázquez. As directoras do documental Axudádeme a cantar. Seis historias arredor da música de tradición oral en Galicia (2022) presentarán o seu traballo, do que veremos tres capítulos, e a continuación abrirase un espazo para preguntas e debate. Remataremos cun concerto didáctico por parte da agrupación Caldo.

Caldo
María Jorge (violín), Anaïs Barbier (voz e pandeireta) e Pedro Fariñas (guitarra) forman Caldo, un trío que achega a música tradicional a contextos sonoros contemporáneos a través da experimentación cos propios instrumentos. Presentan unha proposta na que integran melodías tradicionais galegas e composicións propias con influencias das músicas atlánticas, unha fusión natural que vai directa ao sentir do público. Na xornada presentarán temas do segundo álbum do trío, Lugar A Ponte, unha proposta íntima, moderna e potente, ateigada de honestidade e de responsabilidade tanto coa tradición coma con elas mesmas.

Con Lugar A Ponte, producido e gravado man a man con Alberto Cernadas (crnds), Caldo abre paso e reivindica o seu espazo no panorama actual coma unha das agrupacións imprescindibles á hora de entender a renovación e posta en valor da música tradicional a través da experimentación sonora. Trátase dun disco profundo e persoal no que o trío comezou a traballar desde o confinamento para perfilar, durante tres anos, o traballo que leva por nome o fogar onde o propio Caldo agromou: o Lugar A Ponte, na comarca do Val Miñor.

As persoas que desexen asistir a calquera dos obradoiros deben inscribirse no formulario que se indica:
Formulario inscrición

ASISTENCIA
As persoas que desexen asistir a calquera dos obradoiros deben inscribirse no formulario que se indica:
Formulario inscrición
LUGAR
Sala Cubo de Normal. Espazo de Intervención Cultural da Universidade da Coruña
Paseo Rda., 47
15011 A Coruña
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
https://udc.es/cultura/
normal@udc.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Xornada.
Este pandeiro que toco. O patrimonio de percusión nas mans das mulleres galegas
Cando
Sábado, 1 de xullo de 2023
Onde
A Coruña
Enderezo

Sala Cubo de Normal. Espazo de Intervención Cultural da Universidade da Coruña
Paseo Rda., 47
15011 A Coruña

Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Lingua, Literatura e Comunicación (CCG)
Universidade da Coruña