Francisco Sánchez no IV centenario da súa morte

Xornada.

Francisco Sánchez no IV centenario da súa morte

14 de novembro de 2023
Tui
Xornada

Francisco Sánchez no IV centenario da súa morte

14 de novembro de 2023 Tui
Ego Franciscus Sanctius, hispanus, natus in civitate Tudensis, así asinou o médico e filósofo Francisco Sánchez a súa inscrición na Facultade de Medicina de Montpellier no ano 1573. Este texto, recuperado en 1909, clarexa as dúbidas sobre o seu lugar de nacemento no ano 1550, Tui. Ao ano seguinte foi bautizado en Braga.

A súa familia —de ascendencia xudía— reside en Tui entre 1558 e 1564 pois documentamos aquí a seu pai, o médico Antonio Sánchez. A presión social e inquisitorial aos “cristiáns novos” obriga a familia Sánchez a fuxir a Bordeos, onde Francisco continúa a súa formación, que completa logo en Roma e Montpellier, e finalmente instálase en Tolosa (Francia). Alí traballa como médico no Hospital de Santiago e incorpórase á universidade tolosana, primeiro como profesor de Filosofía e logo de Medicina. Morre en Tolosa o 16 de novembro de 1623, hai agora 400 anos.

Francisco Sánchez, coñecido como “O Escéptico” ou “O Tudense”, ten un espírito polifacético, que o leva a interesarse tamén pola astronomía e a matemática. Observador infatigable da natureza, auténtico prototipo do home do Renacemento, legounos unha obra que foi predecesora da revolución filosófica dos séculos XVII e XVIII.

Con esta xornada e no IV centenario da súa morte, pretendemos dar a coñecer e reivindicar a figura deste tudense, autor da obra Quod nihil scitur («Que nada se sabe»), que é unha referencia fundamental do pensamento filosófico europeo de finais do século XVI.
ASISTENCIA
Entrada libre e gratuíta até completar a capacidade da sala.
LUGAR
Edificio Francisco Sánchez
Sala Félix Rodríguez González
Rúa Colón, 2
Tui
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Xornada.
Francisco Sánchez no IV centenario da súa morte
Cando
14 de novembro de 2023
Onde
Tui
Enderezo

Edificio Francisco Sánchez
Sala Félix Rodríguez González
Rúa Colón, 2
Tui

Coordinación
Silvestre Gómez Xurxo
Rafael Sánchez Bargiela
Organiza
Concello de Tui
Consello da Cultura Galega