Xornada - ARTE + COMUNIDADE(S). 28 de febreiro de 2024

ARTE + COMUNIDADE(S)

Xornada.

ARTE + COMUNIDADE(S)

28 de febreiro de 2024
Santiago de Compostela
Xornada

ARTE + COMUNIDADE(S)

28 de febreiro de 2024 Santiago de Compostela
Esta xornada acolle unha serie de conversas participativas sobre diferentes proxectos artísticos e modelos de xestión cultural que fomentan a creación contemporánea participativa e colaborativa coa cidadanía e o contexto, escoitando a memoria colectiva e xerando un impacto social, cultural e económico no territorio onde se actúa.

Nun mundo cada vez máis polarizado e nunha realidade cambiante, con situacións e conflitos de grande impacto global que fan tremer os alicerces da nosa sociedade, é transcendental «repensar» o noso lugar no mundo e é urxente (e emerxente) un cambio profundo no noso modelo de vida, de consumo e de redistribución de recursos. Nese contexto, a arte contemporánea atopa na creación colectiva e na cooperación, cada vez máis, mecanismos e ferramentas para enxertar os proxectos culturais no territorio, coa intención de impactar máis nas persoas, no seu benestar social, no desenvolvemento socioeconómico do seu territorio, na recuperación da memoria e na actualización do patrimonio, así como de actuar na fenda e diminuír as desigualdades para vertebrar así inclusión e respecto: a través da arte podemos reflexionar xuntas e xuntos as problemáticas vixentes.

Estas correntes trazan sempre pontes coa defensa dos dereitos humanos, co fomento da sustentabilidade e da igualdade, coa loita contra o despoboamento do noso rural, coa erradicación da fenda dixital e da fenda de xénero, e coa posta en valor dos coidados, como valores fundamentais na procura dun mundo mellor.

Coa intención de debater, mais tamén de compartir experiencias, estratexias e ferramentas artísticas e investigadoras para desenvolver proxectos artísticos dende a participación cidadá e dende a escoita, esta xornada pretende xerar sinerxías entre diferentes campos de coñecemento que entran en acción en moitas destas iniciativas: cultura, filosofía, socioloxía, antropoloxía, tecnoloxía, historia, ciencia, educación e política, entre outros.

Achegarémonos a proxectos de artistas de diferentes disciplinas que realizan o seu traballo creativo dende a colaboración coas persoas e co territorio, dende a creación colectiva, así como tamén ao labor de institucións e entidades que desenvolven iniciativas neste senso, que fan da arte participativa e da museoloxía social algo real, e que trazando pontes e crean comunidade.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205
MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Xornada
ARTE + COMUNIDADE(S)
Cando
28 de febreiro de 2024
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Coordinación
Paula Cabaleiro
Relator/a
Blanca de la Torre
Lucía Loren
Carme Nogueira
Pablo Purón
Fran Quiroga
Clara Rodríguez Cordeiro
Esther San Vicente
Nuria Sotelo
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas (CCG)

Imaxe da portada: Lucía Loren, El Bosque Hueco (2004). Fotografía: Lucía Loren