Ficcións da maternidade: entre imaxes e palabras

Xornada.

Ficcións da maternidade: entre imaxes e palabras

Xoves, 7 de marzo de 2024
Santiago de Compostela
Xornada

Ficcións da maternidade: entre imaxes e palabras

Xoves, 7 de marzo de 2024 Santiago de Compostela
A maternidade é un dos grandes temas de debate nas distintas correntes do feminismo e constitúe o espazo onde o pensamento feminista conflúe con outros grandes ámbitos do coñecemento como a saúde, a bioloxía, a antropoloxía, a socioloxía e as políticas públicas. A pregunta esencial proposta por Simone de Beauvoir —que é ser muller?— atopa na maternidade un dos elementos esenciais de reflexión pois semella unha das esencias da feminidade, intimamente vencellada á cuestión biolóxica, mais que, tras a revolución posmoderna, atopou matices de orde sociopolítica, económica e mesmo cultural que colocaron no debate o vencello entre a condición de ser muller e ideas de calado conceptual como a vontade de ser nai, a vivencia da maternidade, o vínculo afectivo coa crianza, a relación co concepto de familia, os retos éticos e lexislativos derivados das novas formas de concepción e, mesmo, o dereito á non maternidade.

Nesta ocasión, desde o Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura Galega, achegámonos á maternidade como o tema que máis relevancia obtivo nos últimos tempos na cultura galega en dous dos discursos artísticos: a literatura e o cinema. De que maneira a poesía e o ensaio están abrindo camiños pioneiros na reflexión arredor da maternidade e o feminismo? É o cine, pola súa capacidade masiva, o espazo que mellor transmite o fervedoiro ideolóxico sobre a maternidade e todas as súas derivacións?
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Xornada.
Ficcións da maternidade: entre imaxes e palabras
Cando
Xoves, 7 de marzo de 2024
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Modera
Carme Adán Villamarín
Inmaculada López Silva
Relator/a
Jaione Camborda
Yolanda Castaño
María do Cebreiro Rábade
Álvaro Gago
Organiza
Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CCG)
Consello da Cultura Galega

Imaxe da portada: Parede das parideiras. Pinturas rupestres de Peña Escrita (Fuencaliente, Cidade Real)