Intérpretes galegas na emigración e no exilio

Xornada.

Intérpretes galegas na emigración e no exilio

Venres, 15 de marzo de 2024
Santiago de Compostela
Xornada

Intérpretes galegas na emigración e no exilio

Venres, 15 de marzo de 2024 Santiago de Compostela
A escena galega ten un gran patrimonio teatral fóra das nosas fronteiras. As actrices Manuela Rey, María Casares, Maruxa Villanueva ou a cantante lírica Dorinda Rodríguez son exemplos de intérpretes galegas na diáspora durante os séculos XIX e XX, pero moitas delas son descoñecidas para o gran público e pouco estudadas. Por iso, no contexto da celebración do Día Internacional das Mulleres e coincidindo coas funcións teatrais da coprodución Manuela Rey is in da house no Teatro Principal de Santiago de Compostela, na que participan o Centro Dramático Galego, o Teatro Nacional São João, o Teatro Nacional Dona Maria II e o Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana, organizamos unha xornada dedicada ás intérpretes galegas na emigración e no exilio, co propósito de estimular o debate arredor da visibilización e o recoñecemento destas figuras femininas, resaltando tanto a súa vida e obra como o seu proxecto artístico.

Esta xornada constitúe unha oportunidade para reivindicar o legado cultural destas mulleres, analizar o seu impacto na escena teatral local e internacional e explorar tanto a súa contribución artística como a súa influencia na configuración de identidades culturais diaspóricas, ademais de profundar na nosa comunicación coas comunidades galegas no exterior.
----------------------------------------------

O día da xornada haberá no Teatro Principal unha representación teatral da obra Manuela Rey is in da house, unha coprodución do Centro Dramático Galego, o Teatro Nacional São João, o Teatro Nacional Dona Maria II e o Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana.

Se tes interese en asistir á función podes obter a túa entrada aquí:
CompostelaCultura

ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado polas dimensións do espazo (30 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR
Teatro Principal
Rúa Nova, 21
15705, Santiago de Compostela
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Xornada.
Intérpretes galegas na emigración e no exilio
Cando
Venres, 15 de marzo de 2024
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Teatro Principal
Rúa Nova, 21
15705, Santiago de Compostela

Coordinación
Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes
Cristina Domínguez Dapena
Fran Núñez
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais (CCG)
Colabora
Centro Dramático Galego
Concello de Santiago de Compostela
Xunta de Galicia
Ámbito
Arquivo da Emigración Galega (CCG)

Imaxe: Manuela Rey, restauración a cargo de Gerard Fuentes, deseñador da Universidade de Santiago de Compostela.