Xornada - O 25 de Abril e nós. Unha ollada galega. 29 de abril de 2024

O 25 de Abril e nós. Unha ollada galega

Xornada

O 25 de Abril e nós. Unha ollada galega

29 de abril de 2024
Santiago de Compostela
Xornada

O 25 de Abril e nós. Unha ollada galega

29 de abril de 2024 Santiago de Compostela
Este 2024 fanse cincuenta anos dunha das revolucións máis emblemáticas do século XX, a Revolución dos Caraveis, que derrubou nun só día a ditadura salazarista en Portugal ao son dunha canción de Jose Afonso, Grândola, Vila Morena, que foi interpretada por primeira vez en Santiago de Compostela dous anos antes, o 10 de maio de 1972. Marcaba así o comezo dunha vaga de democratización na Europa meridional que atinxiría tamén a Grecia e España, con cadansúas peculiaridades. O eco ibérico da Revolución dos Capitáns de Abril chegou en primeiro lugar a Galicia, onde os movementos antifranquistas de esquerda, nacionalistas ou federais, ollaran para o veciño do sur dende comezos do século.

Nesta xornada, especialistas en historia contemporánea e comunicación de Portugal e de Galicia reflexionarán sobre as interaccións nos ámbitos político e cultural nas dúas bandas da raia: dende as relacións entre nacionalistas galegos de esquerda e a esquerda radical portuguesa após o 25 de Abril ata as circunstancias que arrodearon o concerto compostelán do Zeca Afonso e mais as relacións entre os militares demócratas.
Ficha técnica 
Xornada
O 25 de Abril e nós. Unha ollada galega
Cando
29 de abril de 2024
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Coordinación
Xosé M. Núñez Seixas
Organiza
Consello da Cultura Galega