Xornada - Feminismos: a menopausa a debate. 19 de setembro de 2024

Feminismos: a menopausa a debate

Debates feministas Xornada

Feminismos: a menopausa a debate

19 de setembro de 2024
Santiago de Compostela
Xornada
Debates feministas

Feminismos: a menopausa a debate

19 de setembro de 2024 Santiago de Compostela

Interpelar a menopausa desde un marco feminista é un debate necesario e pendente. Fronte aos discursos que sitúan as mulleres na enfermidade e o patolóxico nesta etapa da vida, a resignificación dos corpos das mulleres como espazos de liberdade e decisión é a proposta que pretendemos debater nesta xornada. Desde diferentes ópticas enfróntase o reto de pensar a menopausa lonxe dos estereotipos da idade e o patriarcado.

A medicina, a construción do simbólico desde a antropoloxía ou os espazos de creación e difusión cultural configuran algúns dos temas que formarán parte do debate e a reflexión nesta xornada. Agardamos poñer en común nocións como idade, experiencia e vida, que cursan historicamente de xeito diferenciado segundo o xénero ou a clase social. A menopausa como construto cultural e social forma parte dun corpus de revisións epistémicas realizadas desde visións multidisciplinarias nos últimos anos polo feminismo. Desexamos que sexa de interese este debate que ao longo da historia formou parte dun dos silencios máis opresores para as mulleres.
Ficha técnica 
Xornada
Debates feministas
Feminismos: a menopausa a debate
Cando
19 de setembro de 2024
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202

Organiza
Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CCG)
Consello da Cultura Galega

Imaxe da portada: Adiviña anciá. Páxina 49 do Códice Tudela do Museo de América