Xornada - Iniciativas independentes de apoio á investigación e creación en danza e artes performativas en Galicia. 12 de febreiro de 2025

Iniciativas independentes de apoio á investigación e creación en danza e artes performativas en Galicia

Xornada

Iniciativas independentes de apoio á investigación e creación en danza e artes performativas en Galicia

12 de febreiro de 2025
Santiago de Compostela
Xornada

Iniciativas independentes de apoio á investigación e creación en danza e artes performativas en Galicia

12 de febreiro de 2025 Santiago de Compostela
No contexto da creación contemporánea profesional de danza e artes performativas en Galicia participan, en gran medida, iniciativas independentes de apoio á comunidade artística que veñen facendo un traballo fundamental de cara á investigación, creación e mediación coa cidadanía.

Desde hai anos, a existencia destas iniciativas —de enorme valor no noso territorio e celebradas tanto dentro como fóra de Galicia— constrúe un mapa único que cómpre visibilizar e entender, polo seu importante papel dentro da política cultural galega, presente e futura.

Na xornada, coñeceremos en profundidade algunhas das iniciativas independentes de apoio á danza e ás artes performativas que existen en Galicia coa idea de reflexionar sobre o seu impacto no territorio e a súa relación coa política cultural pública, tanto local como estatal, abrindo o debate ao conxunto da comunidade artística galega.

Esta actividade conta coa colaboración do Centro de Arte Fundación María José Jove.
Ficha técnica 
Xornada
Iniciativas independentes de apoio á investigación e creación en danza e artes performativas en Galicia
Cando
12 de febreiro de 2025
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202

Coordinación
Natalia Balseiro Rodríguez
Susana González
Caterina Varela
Relator/a
Alejandra Balboa
Xavier Campos López
Carmen Fernández Pico
Teresa Lasheras Balduz
Mónica Maneiro Jurjo
Sabela Mendoza Fernández
Roberto Pascual Rodríguez
Hugo Pires Pereira
Cristina Planas Leitão
Pilar Portela Vázquez
Nuria Sotelo
Idoia Zabaleta Morán
Inauguración
Rosario Álvarez Blanco
Cristina Domínguez Dapena
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais (CCG)
Colabora
Centro de Arte Fundación María José Jove

Imaxe da portada: © Ruben Vilanova, A Casa Vella, Laila Tafur