Mesa - Comunicación, cultura e acción exterior. Martes, 27 de maio de 2025

Comunicación, cultura e acción exterior

Un país coa súa lingua. Foro participativo

Comunicación, cultura e acción exterior

Martes, 27 de maio de 2025
Santiago de Compostela
Mesa
Un país coa súa lingua. Foro participativo

Comunicación, cultura e acción exterior

Martes, 27 de maio de 2025 Santiago de Compostela

Os medios de comunicación e a cultura son ferramentas clave para a difusión, coñecemento e normalización do uso do idioma galego. O obxectivo desta mesa reside na busca de propostas que permitan reforzar a presenza da lingua nos medios de comunicación, no eido audiovisual e na produción cultural, en xeral. Tamén abordará novas iniciativas e ideas que potencien a difusión da lingua galega nas plataformas dixitais que fortifiquen a súa proxección internacional. O foco temático centrarase en accións concretas para garantir que a lingua teña máis espazos de visibilidade e prestixio, promovendo o seu uso no lecer, na creatividade e na comunicación global.

COMO PODES PARTICIPAR?
Como xa sabes, para fomentar a participación cidadá no proceso habilitáronse distintas vías de colaboración:
1. Cuestionario en liña. Este cuestionario estará aberto durante todo o proceso para a recepción de propostas relativas a calquera das áreas de análise. Calquera persoa, a xeito individual ou en nome dalgún colectivo, pode remitir as consideracións que precise.



2. Participación presencial. Se queres asistir a esta sesión, que se desenvolverá na sede do Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela, debes solicitar a túa inscrición no formulario que figurará nesta páxina quince días antes da súa realización. As prazas dispoñibles son limitadas debido ao formato formato das mesas de traballo.
3. Emisión en streaming. As xornadas serán emitidas en directo en streaming e logo permanecerán dispoñibles na mediateca web do Consello da Cultura Galega, neste mesmo enlace. Deste modo, calquera persoa poderá ver as intervencións en calquera momento e remitir as súas consideracións a través do formulario.
4. Foro final. Para poñerlle o ramo ao proceso, no outono, celebrarase un foro aberto á cidadanía, onde se presentarán as primeiras conclusións que se debaterán co público asistente para arrequentar o documento final de propostas.
Ficha técnica 
Mesa
Un país coa súa lingua. Foro participativo
Comunicación, cultura e acción exterior
Cando
Martes, 27 de maio de 2025
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202

Coordinación
Marta Veiga Izaguirre
Dolores Vilavedra Fernández
Facilitación
Rexenerando
Organiza
Consello da Cultura Galega