Xornada - O Territorio. A sostibilidade territorial e o retorno ao lugar. O papel do territorio rural. 9 e 10 de abril de 2025

O Territorio. A sostibilidade territorial e o retorno ao lugar. O papel do territorio rural

Encontros Temáticos Transversais dende o Patrimonio Cultural

O Territorio. A sostibilidade territorial e o retorno ao lugar. O papel do territorio rural

9 e 10 de abril de 2025
Santiago de Compostela
Xornada
Encontros Temáticos Transversais dende o Patrimonio Cultural

O Territorio. A sostibilidade territorial e o retorno ao lugar. O papel do territorio rural

9 e 10 de abril de 2025 Santiago de Compostela
O segundo dos Encontros Temáticos Transversais dende o Patrimonio Cultural, actividade centrada ao longo do bienio 2025-2026 na reflexión e o debate arredor do Territorio como obxecto de análise e como ben común no que se manifesta a nosa forma de habitar o mundo e de relacionármonos, está dedicado aos espazos rurais.

Son moitas e moi distantes as miradas sobre o territorio rural: as que só ven despoboamento e abandono fronte ás que ven un retorno, unha redescuberta do mundo rural; as que ven un espazo de oportunidade do que extraer recursos, coa especialización agrícola e forestal, o turismo, a implantación de industrias, produción de enerxía…, fronte ás que ven espazos de preservación da natureza, da paisaxe e do patrimonio cultural, moitas veces co pasado como referente; as que ven espazos de xeración de servizos ecosistémicos, e a súa deriva en negocios verdes, fronte ás que ven a posibilidade dunha nova relación entre produción e consumo, etc.

Dende a idea de que os valores territoriais, naturais, culturais e sociais son parte dunha realidade dinámica que se debe proxectar no futuro, preguntámonos se é posible facelo nun mundo rural en transición no medio de tantas expectativas e contradicións; e se seremos capaces de recoñecer as potencialidades dos espazos rurais e dos seus valores, tamén do coñecemento social e das formas de organización e xestión tradicionais e de apoiar neles unha rexeneración territorial sobre a que seguir construíndo a nosa identidade.

Nestes tempos en que irrompen acontecementos perturbadores, é o momento de facer presentes e activar outras posibilidades transformadoras do territorio.
Ficha técnica 
Xornada
Encontros Temáticos Transversais dende o Patrimonio Cultural
O Territorio. A sostibilidade territorial e o retorno ao lugar. O papel do territorio rural
Cando
9 e 10 de abril de 2025
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202

Coordinación
Carlos A. Amoedo Souto
Rebeca Blanco Rotea
Teresa Nieto Freire
Relator/a
Patricia Coucheiro González
Jaime Fagúndez Díaz
Joan Nogué i Font
Valerià Paül Carril
María do Mar Pérez Fra
Modera
Teresa Nieto Freire
Presenta
Carlos A. Amoedo Souto
Rebeca Blanco Rotea
Teresa Nieto Freire
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Patrimonio e Bens Culturais (CCG)