Xornada - Pensamento visual e fotografía. 12 e 13 de xuño de 2025

Pensamento visual e fotografía

Xornada

Pensamento visual e fotografía

12 e 13 de xuño de 2025
Vigo
Xornada

Pensamento visual e fotografía

12 e 13 de xuño de 2025 Vigo

A Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do Consello da Cultura Galega organiza unhas xornadas nas que pretende afondar, desde a perspectiva dunha pluralidade de discursos, nalgunhas das ideas clave da natureza do medio fotográfico na actualidade.

Cabería preguntarse o seguinte: cal é o estado da fotografía contemporánea? As respostas son múltiples, mais os signos de esgotamento son evidentes e a concepción da creación fotográfica mudou a unha vontade de arte. Nese senso, a fotografía como territorio, como eido expandido, hibrida distintas disciplinas baixo a mirada dun operador poético.

A fotografía, dalgún xeito, aínda conserva o enigma da verdade e, a través do pensamento, da investigación ou da literatura, trata de iluminar ou descifrar o silencio das imaxes e de atopar respostas nun debate interdisciplinar.

En definitiva, coa realización deste encontro preténdese indagar de xeito crítico nas prácticas fotográficas contemporáneas, nun contexto tecnolóxico, no que o voo das imaxes se esvae no baleiro.
Ficha técnica 
Xornada
Pensamento visual e fotografía
Cando
12 e 13 de xuño de 2025
Onde
Vigo
Lugar

Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Rúa do Príncipe, 54
36202 Vigo, Pontevedra

Coordinación
Rosendo Cid
Manuel Vilariño
Inauguración
Rosario Álvarez
Miguel Fernández-Cid
Relator/a
Antonio Ansón
Mar Caldas
Fernando Castro Flórez
Rosendo Cid
Andrea Costas Lago
Miguel Fernández-Cid
Paco Gómez
Martí Llorens
Rebecca Mutell
Manuel Vilariño
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas (CCG)
Colabora
Museo de Arte Contemporánea de Vigo

Imaxe da portada: Manuel Vilariño