Xornada - MULLERES E VULNERABILIDADE SOCIAL. 7 de outubro de 2025

MULLERES E VULNERABILIDADE SOCIAL

Xornada

MULLERES E VULNERABILIDADE SOCIAL

Reflexións desde as discriminacións interseccionais

7 de outubro de 2025
Santiago de Compostela
Xornada

MULLERES E VULNERABILIDADE SOCIAL

Reflexións desde as discriminacións interseccionais

7 de outubro de 2025 Santiago de Compostela

A discriminación non se manifesta illadamente. Moitas mulleres enfrontan barreiras derivadas de múltiples factores que, combinados co xénero, multiplican os obstáculos para exercer os seus dereitos. A perspectiva interseccional analiza como os eixos de desigualdade (entre eles o xénero, a raza, a clase, a orientación sexual ou a discapacidade) se entrelazan e xeran formas únicas de vulnerabilidade que non poden entenderse illando cada factor.

As mulleres migrantes sofren a miúdo precariedade laboral, segregación ocupacional e dificultades para acceder á vivenda, saúde ou á regularización administrativa. As mulleres xitanas non só se enfrontan aos estereotipos de xénero, senón tamén ao antixitanismo, o que condiciona o seu acceso á educación, ao emprego e á participación social. As mulleres con discapacidade afrontan barreiras físicas e comunicativas, agravadas por actitudes capacitistas que limitan a súa autonomía e as expoñen a maiores riscos de violencia.

O coloquio, organizado pola Valedora do Pobo e o Consello da Cultura Galega, busca darlles voz a mulleres que viven estas discriminacións a través de tres mesas redondas. Non se trata só de visibilizar as desigualdades, senón de comprender os mecanismos que as sosteñen e promover espazos de diálogo que impulsen cambios estruturais cara a unha sociedade máis inclusiva.
Ficha técnica 
Xornada
MULLERES E VULNERABILIDADE SOCIAL
Reflexións desde as discriminacións interseccionais
Cando
7 de outubro de 2025
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202

Organiza
Consello da Cultura Galega
Valedora do Pobo