25 de marzo de 2026Santiago de Compostela
Amparo Segarra converteuse, nos últimos anos, nunha referencia da reconstrución do discurso feminino dende o período de entreguerras, o exilio e o retorno a España.
Neste senso, cabe destacar a súa postura clara e firme como muller que desenvolve un proxecto para denunciar o desequilibrio de xénero a través da construción de colaxes, dende os anos cincuenta ata a volta do exilio, nos anos oitenta do pasado século. Ademais, Segarra desenvolve unha destacada traxectoria dentro da interpretación como actriz de teatro e na confección de vestiario para diversas obras.
Dende outra perspectiva, Amparo Segarra —compañeira de Eugenio Granell, un dos grandes representantes do movemento surrealista— funciona como base artelladora do universo granelliano, tanto nos diferentes destinos do Caribe (República Dominicana, Guatemala, Porto Rico), como na chegada aos Estados Unidos, así como no retorno e na configuración da Fundación E. Granell. A parella Segarra-Granell reúne e configura unha das máis destacadas coleccións de arte de vangarda e un dos legados máis importantes do país.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202
MÁIS INFORMACIÓN www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal