Xornada - II. Olladas para comprender. 17 de abril de 2026

II. Olladas para comprender

Xornadas de cine e educación Xornada

II. Olladas para comprender

17 de abril de 2026
Santiago de Compostela
Xornada
Xornadas de cine e educación

II. Olladas para comprender

17 de abril de 2026 Santiago de Compostela
Esta xornada, organizada pola Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais do Consello da Cultura Galega, propón un percorrido que se enmarca desde a memoria histórica do cine galego ata a vangarda tecnolóxica (intelixencia artificial), pasando pola cooperación transfronteiriza co norte de Portugal (no marco da Lei Paz-Andrade) e a análise de experiencias didácticas reais en festivais de cine con seccións educativas.

Os obxectivos da actividade estrutúranse en catro apartados: I. Contextualizar o audiovisual galego: analizar a evolución do sector a través dun diálogo interxeracional entre creadores e creadoras consagrados e novas voces, ofrecéndolles ás persoas asistentes un mapa cultural actualizado. II. Capacitación metodolóxica: explorar o potencial do cine como ferramenta pedagóxica transversal e transformadora, máis alá da educación artística. III. Cooperación internacional: fortalecer os vínculos culturais e educativos no eixe Galicia-Norte de Portugal, coñecendo as experiencias de éxito do país veciño e aproximarnos a propostas pedagóxicas en España. IV. Innovación dixital (IA): debater sobre os desafíos éticos da IA e capacitar as persoas asistentes no uso práctico de ferramentas de IA para a creación audiovisual.

Presenta esta actividade unha serie de contidos que se poden dividir en tres bloques temáticos: I. Identidade e industria: memoria histórica e estética do cine en Galicia; evolución dos discursos audiovisuais: das xeracións pioneiras ás novas narrativas. II. Didáctica e cooperación: o cine como ponte cultural: experiencias do Festival de Cinema de Viana e proxectos transfronteirizos; o papel dos festivais (Curtocircuíto, Novos Cinemas) como axentes educativos. III. Tecnoloxía e futuro (obradoiro práctico): teoría básica da realización audiovisual aplicada á educación; escenarios de futuro: a aula en 2026; aplicación práctica da IA na produción dunha curtametraxe: guión, imaxe e ética.