Xornada - Presentación do informe <i>Iniciativas independentes de apoio á investigación e creación en danza e artes performativas en Galicia</i>. 8 de abril de 2026

Presentación do informe Iniciativas independentes de apoio á investigación e creación en danza e artes performativas en Galicia

Danza e artes performativas en Galicia Xornada

Presentación do informe Iniciativas independentes de apoio á investigación e creación en danza e artes performativas en Galicia

8 de abril de 2026
A Coruña
Xornada
Danza e artes performativas en Galicia

Presentación do informe Iniciativas independentes de apoio á investigación e creación en danza e artes performativas en Galicia

8 de abril de 2026 A Coruña
Esta xornada, organizada pola Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais do Consello da Cultura Galega e o Centro de Arte Fundación María José Jove (FMJJ), acolle a presentación do informe Iniciativas independentes de apoio á investigación e creación en danza e artes performativas en Galicia, elaborado por Caterina Varela. Trátase dun encontro que reúne a responsables institucionais, profesionais da xestión cultural e persoas impulsoras de proxectos independentes co obxectivo de compartir coñecemento e abrir un espazo de diálogo arredor do ecosistema actual da creación contemporánea en Galicia.

Os obxectivos desta actividade son: presentar os principais contidos, metodoloxía e conclusións do informe sobre iniciativas independentes no ámbito da danza e as artes performativas en Galicia; visibilizar o papel destas estruturas como axentes clave no apoio á investigación e creación artística contemporánea; xerar un espazo de diálogo entre proxectos independentes, artistas e institucións públicas; identificar necesidades, retos e oportunidades para o desenvolvemento de políticas culturais máis axustadas á realidade do sector; favorecer o intercambio de coñecemento e experiencias entre distintas iniciativas e contextos; e contribuír á construción dun marco máis sostible e articulado para o apoio á creación no territorio galego.

Deste xeito, a xornada configúrase como un espazo de encontro e pensamento compartido arredor dun conxunto de iniciativas que están a redefinir o apoio á creación en danza e artes performativas en Galicia.
Ficha técnica 
Xornada
Danza e artes performativas en Galicia
Presentación do informe Iniciativas independentes de apoio á investigación e creación en danza e artes performativas en Galicia
Cando
8 de abril de 2026
Onde
A Coruña
Lugar

Fundación María José Jove
Rúa Galileo Galilei 6.
Edificio Work Center
A Grela. 15008 A Coruña

Relator/a
Marta Alonso Tejada
Alejandra Balboa Rodríguez
Nava Castro Domínguez
Mateo Feijoo
Félix Fernández Fernández
Susana González Martínez
Carlota Pérez Fernández
Luz Pichel González
Nuria Sotelo Rodríguez
Caterina Varela
Inauguración
Rosario Álvarez
Natalia Balseiro Rodríguez
Cristina Domínguez Dapena
Susana González Martínez
Felipa Jove Santos
Modera
Natalia Balseiro Rodríguez
Susana González Martínez
Caterina Varela
Organiza
Centro de Arte Fundación María José Jove
Centro de Arte Fundación María José Jove
Consello da Cultura Galega
Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais (CCG)

Imaxe da portada: Fotógrafa, Carmen Verdú. Artista, Alejandra Balboa