Xornada Soster o noso
A serra do Suído. A memoria gandeira entre as pedras
10 e 11 de xullo de 2026
Fornelos de Montes
Venres, 10 de xullo
Sesión da mañá
10:00 horas
Presentación da xornada
10:15 horas
1. Do que partimos
Entre pedras e gando. Arqueoloxía e traballo de campo etnográfico na serra do Suído
Paula Ballesteros-Arias, arqueóloga e antropóloga
10:45 horas
2. O que agora temos. Resultados 1
As escavacións arqueolóxicas nos chozos do Suído (Campañas 2024-2025): os chozos de Casariños e os chozos de Vilán
David García Casas, investigador en Arqueoloxía no Instituto de Ciencias do Patrimonio do Consello Superior de Investigacións Científicas (Incipit, CSIC)
11:15 horas
O que a documentación nos conta sobre montes e cabana gandeira no Suído
Lara Barros Alfaro, historiadora especializada en CMVMC, Proxecto Mulime
11:45 horas
Descanso
12:15 horas
3. O que agora temos. Resultados 2
A Rolda: patrimonio inmaterial gandeiro nas terras de Covelo
Belén Carballo Domínguez, antropóloga
12:45 horas
A Cidade das Costas do Alén
Carlos Otero, arqueólogo, técnico de investigación no Incipit, CSIC
13:15 horas
4. O que contamos
Paisaxes invisibles na serra. 10 anos de Suído LAB
Manuel Bugallo, arquitecto e paisaxista (Suído LAB)
Fran García, historiador e técnico de desenvolvemento rural (Suído LAB)
Sesión da tarde
16:30 horas
5. Outros estudos de caso. Os montes como escenario do patrimonio cultural
Os Chans do Barbanza, terra de vivos e de mortos?
Víctor Barbeito, arqueólogo do Centro Arqueolóxico do Barbanza (en excedencia)
Ramón Fábregas, catedrático de Prehistoria na Universidade de Santiago de Compostela
17:00 horas
O Instituto de Estudos Miñoráns (IEM), 27 anos investigando, divulgando e protexendo o patrimonio da serra da Groba. A loita continua
Xilberte Manso de la Torre e Xosé Lois Vilar, IEM
17:30 horas
6. As comunidades de montes, entre montañas e memoria. O patrimonio cultural das nosas serras
Espazo de diálogo coas comunidades de montes asistentes sobre a protección e valorización do patrimonio cultural no monte comunal: coñecementos, saberes, dificultades, colaboracións e experiencias en marcha.
Modera: Belén Carballo Domínguez, antropóloga
Sábado, 11 de xullo
10.00 horas
Roteiro guiado por algúns dos chozos da serra do Suído
Tras as sesións do día anterior, neste roteiro veremos sobre o terreo distintos exemplos de sitios arqueolóxicos vinculados ao patrimonio gandeiro da serra do Suído na parroquia da Laxe, en Fornelos de Montes. Faremos paradas interpretativas nos chozos de Vilán (O Curral do Porto) e no Coto dos Ladróns, e remataremos nos chozos de Casariños, escavados con metodoloxía arqueolóxica no marco dos proxectos presentados nas xornadas.
- Hora de saída: 10:00 horas
- Duración: 4-5 horas aproximadamente (con paradas)
- Saída e chegada: Área Recreativa da Airoa (Fornelos de Montes)
- Distancia: ≈ 11 km (circular)
- Desnivel acumulado: ≈ 550-600 m
- Altitude: entre 606 e 912 m
- Dificultade: baixa, aínda que require poder camiñar polo monte durante varias horas. Hai algunhas costas que non son difíciles, pero si longas.
- Recoméndase levar: calzado cómodo para andar, auga, protector solar, gorro e roupa cómoda.
LUGAR
Multiusos de Fornelos de Montes
Pza. da Igrexa, s/n
36847 Fornelos de Montes
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado.
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.