Encontro - 1º. A xestión dos espazos expositivos en Galicia a debate. 14 de xullo de 2026

1º. A xestión dos espazos expositivos en Galicia a debate

En modo CCG

En directo: 1º. A xestión dos espazos expositivos en Galicia a debate
1º. A xestión dos espazos expositivos en Galicia a debate
A partir da grave crise do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), unha análise dende as múltiples olladas do sector profesional sobre a situación do sistema artístico institucional en Galicia.
14 de xullo de 2026
Encontro

1º. A xestión dos espazos expositivos en Galicia a debate

A partir da grave crise do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), unha análise dende as múltiples olladas do sector profesional sobre a situación do sistema artístico institucional en Galicia.

14 de xullo de 2026 Santiago de Compostela
A recente designación da dirección do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) provocou unha ampla reacción no ámbito artístico e cultural galego, e abriu un debate que vai máis alá dun nome concreto para situarse en cuestións de fondo relacionadas cos procedementos de selección, os modelos de xestión e gobernanza das institucións culturais, as políticas culturais públicas e os mecanismos de participación do sector.

Neste contexto, a Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do Consello da Cultura Galega promove a realización de dous encontros sectoriais como espazos de diálogo, reflexión e intercambio entre os distintos axentes que integran o ecosistema cultural galego. A iniciativa nace coa vontade de contribuír a unha análise compartida do momento actual e de abrir unha conversa plural arredor dos retos que afronta o sector, tomando como punto de partida a situación xerada no CGAC.

Os encontros reunirán representantes de asociacións profesionais, creadoras e creadores, responsables institucionais, especialistas en xestión cultural e voces relevantes do tecido artístico e cultural. O seu propósito é favorecer unha reflexión colectiva que permita identificar necesidades comúns, detectar ámbitos de mellora e formular propostas que contribúan ao fortalecemento do sistema cultural galego.

Máis alá da análise da situación actual, estes encontros sectoriais buscan promover unha visión de futuro baseada na cooperación, o diálogo e a corresponsabilidade. Entre os temas que se abordarán figuran a transparencia nos procesos de selección, a participación dos e das profesionais na definición das políticas culturais, a autonomía das institucións e as condicións necesarias para garantir un desenvolvemento cultural sólido, diverso e sostible.

O Consello da Cultura Galega entende estes encontros como unha oportunidade para canalizar as inquietudes existentes e convertelas nun exercicio construtivo de pensamento compartido, capaz de xerar novas expectativas, fortalecer os vínculos entre os distintos sectores culturais e contribuír ao coidado e mellora das estruturas culturais de Galicia.

• 1º encontro: 14 de xullo de 2026
• 2º encontro: 22 de setembro de 2026
• Presentación do informe ou documento final: outubro-novembro de 2026
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202
MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Encontro
1º. A xestión dos espazos expositivos en Galicia a debate
A partir da grave crise do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), unha análise dende as múltiples olladas do sector profesional sobre a situación do sistema artístico institucional en Galicia.
Cando
14 de xullo de 2026
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202

Coordinación
Paula Cabaleiro Comesaña
Anxela Caramés Sales
Silvia García González
Luisa Pita
Patricia Verdial Garay
Relator/a
Mónica Alonso
Carlos A. Amoedo Souto
Ignacio Barcia Rodríguez
Roger Dedeu Pastor
María Gil Martínez
Carmen Lage Veloso
Federico López Silvestre
Holga Méndez Fernández
Agustín Pérez Rubio
Clara Rodríguez Cordeiro
Iria Vázquez López
Chus Villar Iglesias
Modera
Paula Cabaleiro Comesaña
Silvia García González
Patricia Verdial Garay
Presenta
Paula Cabaleiro Comesaña
Dolores Vilavedra
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas (CCG)

Imaxe da portada: Silvia García