Difusión - Xestión forestal A ciencia que evita o desastre. Martes, 8 de setembro de 2026

Xestión forestal A ciencia que evita o desastre

Proxector Difusión

Xestión forestal A ciencia que evita o desastre

Martes, 8 de setembro de 2026
consellodacultura.gal
Difusión
Proxector

Xestión forestal A ciencia que evita o desastre

consellodacultura.gal

Xestión forestal A ciencia que evita o desastre

Proxector

As vagas de calor cada vez máis temperás e intensas, as secas prolongadas e o abandono do rural son algunhas das causas principais dunha ameaza que nos desafía todos os veráns: os incendios forestais. Ultimamente moito máis grandes, rápidos, perigosos e capaces de crear as súas propias condicións meteorolóxicas, poñen en risco as zonas habitadas e demostran que a capacidade de resposta dos servizos de emerxencia ten un límite ante fenómenos desta dimensión. O problema é complexo e non está exento de controversia, mais hai unha evidencia que os/as expertos/as levan tempo poñendo enriba da mesa: non chega con apagar as lapas despois de que aparezan; hai que transformar o territorio para que estas non cheguen a producirse, e neste punto é onde a xestión forestal se presenta como a ferramenta máis eficiente e rendible.

Partindo desta problemática concreta que está de triste actualidade, neste primeiro especial do curso propoñémosche indagar sobre a ciencia dos incendios e, sobre todo, convidámoste a reflexionar sobre as posibles solucións, descubrindo todo o potencial ecolóxico, económico e social que pode ter para Galicia a xestión e aproveitamento sustentable dos nosos montes.
 
Difusión
Proxector
Xestión forestal A ciencia que evita o desastre
Data de publicación
Martes, 8 de setembro de 2026
Onde
consellodacultura.gal
Autoría
Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CCG)
Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CCG)
Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Santiago de Compostela

Imaxe da portada: Wikimedia Commons