Carta de José Suárez a Lois Tobío Fernández, 1961. · Proxecto Epístola / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Carta de José Suárez a Lois Tobío Fernández, 1961.

27 de agosto de 1961 · Punta del Este → Montevideo

Punta de Este 27 -VIII-1961

Querido Tobío: Perdóname si non che mandei as fotos tan pronto como eu houbera querido. Problemas de papel e de seleccion motivaron un pequeno retraso. Espero que che sirvan de algo, o que non será pouco porque non é posible encarar un trabalo como iste, sin un plan previo, e sin pensar, o facer as fotos, que han de cumplir unha misión concretar como a que a ti che encomenadaron.
Si me escribes, certifica a carta ou mándaa por O.N.D.A. porque a que tu me anunciaches non chegou nunca.
Unha aperta de bo amigo
Pepe Suárez [sinatura autógrafa]