31/07/1965 Carta da librería INSULA a Lois Tobío sobre unha transferencia de El Siglo Ilustrado, 31 de xullo de 1965 / Colección: Carlos M. Rama – Lois Tobío / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Proxecto Epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.
Colección: Carlos M. Rama – Lois Tobío

Carta da librería INSULA a Lois Tobío sobre unha transferencia de El Siglo Ilustrado, 31 de xullo de 1965

31/07/1965 A librería INSULA comunica a Tobío que a editorial montevideana «El Siglo Ilustrado» lle encarga aboarlle por conta dela o contravalor de 0,84 dólares que ten ao seu favor. Advirte que pecha por vacacións ata o 23 de agosto e pídelle que, a partir desa data, lle indique un banco onde efectuar a pequena transferencia.
Compartir en

INSULA — LIBRERIA DE CIENCIAS Y LETRAS
Venta: Carmen, 9 - Tel. 222 14 66 — MADRID-13
Oficinas: Benito Gutierrez 26 - Teléfs. 243 54 15 y 243 12 23 — MADRID-8

31 Julio 1.965

Sr. D. Luis Tobió
Gral. Morcardó 142-A
MADRID

Muy Sr. nuestro:

La Editorial "El siglo ilustrado de Montevideo" nos encarga paguemos a V. por cuenta de ellos la equivalencia de $ 0,84 que tenemos a favor de la misma.

Cerramos por vacaciones hasta el 23 de Agosto. A paartir de esta fecha le rogamos sus instruciones indicandonos por ejemplo un Banco a donde le interese que efectuemos esta pequeña transferencia.

Con este motivo le salu-damos muy atentamente.

INSULA — LIBRERIA DE CIENCIAS Y LETRAS
[sinatura]

FICHA DOCUMENTAL
  • Forma parte do conxunto:
  • Colección: Carlos M. Rama – Lois Tobío
  • Data:
    31/07/1965
  • Para:
    Lois Tobío Fernández
  • Orixe:
    Madrid
  • Destino:
    Madrid
  • Ficha descritiva:
    Carta comercial mecanografiada con membrete impreso «INSULA, Librería de Ciencias y Letras» (Carmen 9 e Benito Gutiérrez 26, Madrid), unha folla. Data «31 Julio 1.965». Dirixida a «Sr. D. Luis Tobió, Gral. Morcardó 142-A, Madrid». Encabezamento «Muy Sr. nuestro». Selo e sinatura da librería. Remitente: librería INSULA; destinataria persoa: Lois Tobío.
  • Localización física:
    Arquivo da Emigración Galega
  • Notas:
    Carta allea propiamente ao epistolario Rama-Tobío: é correspondencia comercial da librería madrileña INSULA, vinculada á xestión dos pagamentos editoriais entre Tobío e Rama (editorial El Siglo Ilustrado de Montevideo). «Gral. Morcardó» é grafía errónea de Gral. Moscardó, enderezo de Tobío en Madrid.
  • Metadatos: