Carta de Varela Buxán a Seoane. 1975 · Proxecto Epístola / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Carta de Varela Buxán a Seoane. 1975

20 de maio de 1975 · Cercio → ¿?

Pontevedra 20-5-75

Sr. Dn. Luis Seoane

Querido Luis:

Remésoche o libro por correo que, ao fin, saíu nistes días. A saúde non me aconsellou saír da casa nistes derradeiros tempos. Penso visitarche na Cruña, mais non irei aló sin denantes falarche polo aramio pra concertar data.
Seguín de perto a traveso dos xornaies, radio e televexo a túa aituación en Madrí. Fólgome dos teus éisitos, que festexo coma propios.

Agarimosos saúdos prá túa dona e sentida aperta pra ti do teu bon i agradecido amigo,

Varela Buxán