Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1973 · Proxecto Epístola / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1973

29 de decembro de 1973 · Nova York → Bos Aires

EDITORIAL GALAXIA, S.A./ Reconquista, 1/Teléfono, 18204/ VIGO

29-decembro-1973
Sr. D. Luís Seoane
Buenos Aires

Meu querido amigo:
Entérome neste mesmo intre da doorosa nova do pasamento da túa nai. Non necesito decirche a fonda impresión que a nova nos produciu a Evelina e máis a min. Ben sabes do entrañábel da nosa amistade, e folgan por eso as palabras pra que te decates da emoción coa que compartimos o sentimento que embargará o teu ánimo nestas triste circunstancias.
Vaia, pois, coas presentes liñas, unha forte i expresiva aperta de
Paco y Evelina