Carta de Seoane a Piñeiro. 1968 · Proxecto Epístola / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Carta de Seoane a Piñeiro. 1968

20 de febreiro de 1968 · Bos Aires → Santiago de Compostela

Buenos Aires, 20 de Febreiro de 1968

Sr. D. Ramón Piñeiro
Santiago

Meu querido amigo:

Déboche carta dende fai un mes aproximadamente. Fun deixándoa dun día pra outro obrigado polo traballo. Dende que cheguei non fixen outra cousa que traballar. Teño en Xulio unha grande eisposición eiquí dunhas cen obras, retrospeitiva, que abarca 20 anos de miña pintura y (sic) en setembro teño que ir a Lima invitado pola Universidade pra facer outra eisposición. Denantes, o catro do mes que ven, inaugúrase no Museo de Bonn unha mostra con 60 grabados, todo esto con outros traballos que agardaban o meu regreso. Voltarei a Galicia en outubro.
Recibín e lín o teu espléndido traballo de ingreso na Academia, e penso que é do millor, senón o millor, o máis fondo, que se fixo deica hoxe, o menos dos que eu coñezo. Mañífico, así mesmo, e xusto, o discurso de García Sabell. Supoño que sería un día, o da vosa leitura, memorábel na Academia. Agradézoche o envío. Felicitaciós moi sinceras. Paseino a algús rapaces deiquí pra que o lean.
Unha fonda aperta pra Isabel e pra tí de Maruja e miña:


Seoane