02/06/1973 Carta de Piñeiro a Seoane. 1973 / <!--Epistolario singular LS--> Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Proxecto Epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.



Compostela, 2-VI-73
Querido Luis:

O outro día preguntáchesme o teléfono do Cilistro e eu nono lembraba de memoria. Hoxe mándocho por si precisas chamalo. É este: 21-16-85. Con Lugo aínda non se marca directamente.
Pola miña parte, tamén che quería pedir o enderezo do Antonio Pérez Pardo, pois teño que lle escribir decíndolle que recibín o seu libro.
O Ramón Martínez López quer preguntarche datos sobre a literatura galega no exilio, porque está encarregado de escribir un traballo sobre ise tema pra unha obra colectiva sobre a cultura española no exilio. A el encarregáronlle a parte galega por indicación de Dieste.
Apertas nosas pra os dous

Ramón

FICHA DOCUMENTAL
  • Forma parte do conxunto:
  • Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane.
  • Data:
    02/06/1973
  • De:
    Ramón Piñeiro
  • Para:
    Luís Seoane
  • Orixe:
    Santiago de Compostela
  • Destino:
    Bos Aires
  • Ficha descritiva:
    [Carta manuscrita]
  • Localización física:
    Fundación Luis Seoane
  • Metadatos: