Carta de Piñeiro a Seoane. 1975 · Proxecto Epístola / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Carta de Piñeiro a Seoane. 1975

3 de febreiro de 1975 · Santiago de Compostela → Bos Aires

Compostela, 3-II-75
Querido Luis:

O meu amigo Xesús Piñeiro quere facer a tesis de Licenciatura en Arte sobre a tua pintura. Como sabes, agora hai a Sección de Arte na nosa Facultade de Filosofía e Letras, na que o meu amigo é alumno avanzado, polo que ten que ir preparando a tesis de Licenciatura. Quería facela sobre un tema do arte galego e escolleu a tua pintura. Por se dar a feliz circunstancia de estares tí en Galicia, aconselleille que se poña en contacto persoal contigo, oportunidade que lle interesou moito. Por eso lle dei o teu enderezo e mais esta carta de presentación.
Unha forte aperta do teu amigo

Ramón Piñeiro
T. 430456