Carta de García Sabell a Seoane. 1964 · Proxecto Epístola / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Carta de García Sabell a Seoane. 1964

16 de xaneiro de 1964 · Nova York → Bos Aires

16-I-1964
Sr. D. Luis Seoane

Querido Luis:

Moitas gracias polo Catálogo. Xa sei que a Exposición tivo gran éisito. Era de esperar. Sentín de veras que a miña vida atrapallada me non permitira ir á inauguración.
¿Cando te veremos por eiquí?
Dieste dounos a coñecer o outro día un estupendo Ensaio. Rafael está en plena forma.
Saúdos e apertas cordiales prós dous de Elena e de mín.

Teu incondicional,

Domingo